Cada vez poñémonos un listón máis alto e por iso este curso propoñémonos que o noso alumnado se converta en futuro empresario, en creador en deseñador, en inventor... en futuro xenio.
Pero tamén queremos que o camiño se faga de forma cooperativa, coidando a igualdade de xénero e a aprendizaxe entre iguais. Por iso noso "Proxecta" pertence ao programa "Rapazas emprendedoras nas TIC", e poñerá en valor o liderazo das nosas alumnas dentro dos grupos de traballo.
Adiante, rapazas e rapaces do primeiro ciclo de ESO, de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato; deseñaremos obxectos educativos, artefactos en tres dimensións, e aplicacións para móbiles; imprimiremos as vosas ideas coa nosa impresora 3D converténdoas en obxectos reais ... Empezamos!