Primeiro premio de impresión 3D
Hai meses que agardabamos este momento. O resultado do concurso que o concello de Monforte convocou sobre impresión 3D. Tiñamos agochados moitos dos traballos que fixemos coa impresora para non interferir na opinión do xurado, pero agora xa podemos decilo, rematou a deliberación e gañamos o primeiro premio colectivo.
Sentímonos moi orgullosos porque foi un auténtico traballo en equipo. Os alumnos de 1º e 2º de ESO, os de 4º da optativa de informática e os de 1º de BACH de TIC, traballaron a reo, xunto cos profesores, Luis de informática e Mª Jesús de matemáticas, sempre guiados polo noso xefe de estudos, Amancio, que xa é todo un experto en impresión 3D.
O venres recollimos o premio no concello, de mans do artífice da idea, Severino Rodríguez. Foi a seu último acto como alcalde de Monforte, o que para nós é unha honra.
Esta é a foto de prensa que se publicou na Voz de Galicia, non están todos os alumnos, só os que se presentaron á sección individual, pero é unha boa representación. Tamén está o noso director, que sempre nos apoia en tódolos proxectos que facemos, e neste especialmente.
En qué consistíu o noso proxecto?
A temática do noso proxecto é os xogos de lóxica en tres dimensións. Acordar este tema levounos dous meses, outubro e novembro. Non foi doado, xa que era a nosa primeira experiencia coa impresión 3D e traballabamos con alumnos de edades moi diversas. Precisabamos un tema aberto, en creatividade e en dificultade, que permitira participar ao alumnado dende 12 a 17 anos, sen coñecementos de informática e con certa experiencia. Ademais debería estar relacionado cos contidos de matemáticas e informática.
Por outra banda nós xa tiñamos dous proxectos en marcha, "Talencrea", promovido neste blog, fomento da cultura empresarial e da posta en valor de ideas para creación de futuras empresas na comarca enmarcado no plan Proxecta; é "Comparte xeometría 3D", un proxecto etwinning para compartir actividades xeométricas coa escola Alvaro Velho de Barreiros (Portugal). Polo tanto o tema elixido tiña que encaixar en ámbolos dous proxectos.
E así foi, os xogos axeitáronse perfectamente a tódolos requisitos, deixando marxe a que cada membro do equipo de traballo poidese desenvolver a súa imaxinación creando pezas e buscando o xeito de vendelas na súa propia empresa. Ademais engadiuse o valor de que os xogos fosen reproduccións de monumentos da cidade a escala, convertindo o proxecto de xogos nun proxecto de fomento da cultura da zona.
A memoria presentada ao concurso é bastante extensa, pódese descargar neste enlace. Nela vese con detalle cales foron as actividades desenvolvidas, as pezas deseñadas, e os pasos que demos para crealas. Tamén se fixeron actividades complementarias, como o cálculo de prezos de coste de producción e o gasto de material. Todo isto pode aportar ideas para outros profesores que queiran introducir a impresión 3D nas súas aulas.
Pezas presentadas ao concurso
No próximo curso o proxecto crece. Temos unha nova e mellor impresora, o que nos permitirá facer mais pezas e de mais calidade, pero tamén novas ideas, queremos entrar de cheo na robótica, deseñar os nosos robots, imprimilos e desenvolver a nosa imaxinación ata o que nos permitan as máquinas que temos; para elo presentaremos esta optativa de centro á Consellería de Educación. E, por qué non, conseguir un escáner 3D, polo que buscamos financiación noutras convocatorias que xurdan nestes días. Seguimos ilusionados traballando pola innovación educativa e proxectos de futuro para o noso alumnado.
E así foi, os xogos axeitáronse perfectamente a tódolos requisitos, deixando marxe a que cada membro do equipo de traballo poidese desenvolver a súa imaxinación creando pezas e buscando o xeito de vendelas na súa propia empresa. Ademais engadiuse o valor de que os xogos fosen reproduccións de monumentos da cidade a escala, convertindo o proxecto de xogos nun proxecto de fomento da cultura da zona.
A memoria presentada ao concurso é bastante extensa, pódese descargar neste enlace. Nela vese con detalle cales foron as actividades desenvolvidas, as pezas deseñadas, e os pasos que demos para crealas. Tamén se fixeron actividades complementarias, como o cálculo de prezos de coste de producción e o gasto de material. Todo isto pode aportar ideas para outros profesores que queiran introducir a impresión 3D nas súas aulas.
Pezas presentadas ao concurso
E agora qué?
Isto non fixo mais que empezar.Temos bastante material para publicar, as ideas empresariais dos nosos alumnos, que agardan polo resultado doutro concurso, convocado pola Consellería de Educación dentro do programa "Atrévete", e as pezas individuais elaboradas na clase, das que farán entradas os propios autores.No próximo curso o proxecto crece. Temos unha nova e mellor impresora, o que nos permitirá facer mais pezas e de mais calidade, pero tamén novas ideas, queremos entrar de cheo na robótica, deseñar os nosos robots, imprimilos e desenvolver a nosa imaxinación ata o que nos permitan as máquinas que temos; para elo presentaremos esta optativa de centro á Consellería de Educación. E, por qué non, conseguir un escáner 3D, polo que buscamos financiación noutras convocatorias que xurdan nestes días. Seguimos ilusionados traballando pola innovación educativa e proxectos de futuro para o noso alumnado.